25 may 2015

EXCURSIÓN A MARCELLE (26 de maio)

Mañá día 26 de maio temos  excursion a Marcelle.
Marcelle é un parque no que conviven animais de distintas partes do mundo, dende o lobo, ata osos, cebras e outros moitos animais. É unha oportunidade magnífica de que os nenos e as nenas comprendan a importancia de protexer a fauna silvestre e conservar a natureza.

Chegará o alumnado coma sempre ó colexio (prégase puntualidade), e dende alí sairemos ás 9.
A hora de chegada está prevista sobre as sete e media da tarde aproximadamente.
Aquí vos deixo un link da páxina do parque para que teñades mais información.

 Link do parque
(Clica na imaxe)

Xornada de Convivencia co CEIP FELICIANO BARRERA

O pasado venres tivemos unha xornada de convivencia co CEIP FELICIANO BARRERA ( Guláns). As clases de 5º e 6º tiveron unha xornada de DEPORTE ESCOLAR , xogando ó baloncesto e ó "hockey".

O resto dos nenos e nenas dividímonos por ciclo e fixemos algúns xogos tradicionais , e tamén lles ensinamos o noso colexio ós nenos e nenas que conviviron con nós. Despois de tanto xogar, chegou o momento do chocolate e as rosquillas , das que demos boa conta.
Pasámolo xenial. Acó vos queda un pequeno vídeo con algunhas das fotos que se tomaron o venres.

                   

15 may 2015

O NOSO LIBRO DO UNIVERSO.

Os nenos e nenas das clases de 1º e 2º  levamos un tempo traballando sobre o UNIVERSO, aprendemos moitas cousa, miramos vídeos, analizamos prensa, escribimos historias, e tamén surxiron unha serie de dúbidas sobre o UNIVERSO.

Decidimos facer o noso libro de preguntas e respostas sobre o UNIVERSO.

Acó vos queda a nosa producción conxunta:


6 may 2015

LIBRO DE RECEITAS GALEGAS DE QUINTO E SEXTO.

Os nenos e nenas de 1º e 2º fixeron un libro de Receitas do Nadal, as nenas e nenos de 3º e 4º fixeron outro libro de Receitas de Entroido
Agora os nenos e nenas de 5º e 6º, e co gallo da proximidade do día Das Letras Galegas, elaboraron un libro de Receitas típicas Galegas.
Acó o tedes en soporte informático , pero recordade que proximamente estará á vosa disposición na biblioteca do centro, ó igual que os outros dous libros.
Boa lectura e bo día das Letras Galegas: 

SAMAGOSTO 23/24

Preparándonos para o Samagosto!!