26 nov 2017

II SESIÓN CONTACONTOS

Este venres celebrouse na biblioteca a segunda sesión de contacontos para o alumnado de infantil. 
Nesta ocasión estrearonse algunhas alumnas de sexto co conto "A mazá que quería ser unha estrela". 
Os nenos e nenas de infantil quedaron encantados xa que ao final puideron degustar unha deliciosa mazá.

              

Xornada Iniciación Atletismo 3º e 4 curso

O venres 28 de abril desprazámonos ata as Instalacións Deportivas de Pardellas para realizar unha xornada de deporte escolar enmarcada dentro do Programa Proxecta (PDC- Xogade).
Fixemos Atletismo a través de xogos alternativos e populares con outros colexios da zona que tamén forman parte de ADECONPAR (Asociación Deportiva Condado-Paradanta).

Aquí vos deixamos un vídeo da xornada!






20 nov 2017

ACTIVIDADE DE EDUCACIÓN VIAL

Hoxe os nenos e nenas de 3º e 6º achegámonos ás instalacións do  CEIP Nosa Señora dos REMEDIOS para unha xornada de ED. VIAL. Organizada pola Deputación e coa colaboración do Concello, a DXT e a Policía Local de Ponteareas.

       Aínda que nos fixeron agardar un anaco, e xa nos desesperabamos da impaciencia!!!, foi unha xornada divertida, interesante e moi instructiva.

         Despois de facer de peóns, de ciclistas e de conducir os pequenos coches vimos tamén 3 vídeos sobre a importancia do cinto, de circular correctamente, das medidas de seguridade necesarias e do respecto cara os e as ciclistas.

 Acó vos quedan unhas poucas fotos do evento. 

                                   

XORNADA DE CAMPO A TRAVÉS

  O venres 17 de novembro celebrouse en Guláns unha carreira de Campo a Través organizada por ADECONPAR (Asociación Deportiva Escolar Condado-Paradanta) en colaboración co Servizo de Deportes, o Concello de Ponteareas e a Fundación de Guláns.
  Participou quinto e sexto curso de primaria inscritos nas categorías de Alevín e Infantil do Programa Xogade da Xunta, respectivamente. Esta actividade enmárcase dentro do  Proxecto Deportivo de Centro (Plan Proxecta da Consellería).
  Temos que felicitar ó alumnado participante polo esforzo realizado para rematar a carreira, a pesar da dureza da proba. E parabéns para as nosas atletas, que entrando nos primeiros postos, trouxeron medallas para Oliveira. 

Aquí tedes un pequeno vídeo do cros!




16 nov 2017

MOCHILAS VIAXEIRAS

Esta semana saen de novo para as casas as MOCHILAS VIAXEIRAS con libros variados para compartir en familia. Tamén podedes facer comentarios sobre o que vos parece a actividade no caderno viaxeiro que vai en cada mochila.

Un grupo de axudantes de 6º de primaria baixou á biblioteca para facer entrega a un/unha representante de cada clase.

Agardamos que disfrutedes da lectura!!!!






14 nov 2017

CONTACONTOS

O pasado venres inauguramos os "Contacontos"  para o alumnado de ED. Infantil.

Este curso ademais de contalos os alumnos/as do centro, engadimos unha nova opción: que as familias veñan ó cole a contalo tamén.

Desta volta o encargado de inaugurar a tempada de "Contacontos" foi Jano, un papá dun alumno da clase de 1º.

O conto co que deleitou ó alumnado foi o da TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA. 

Moitísimas grazas a Jano por compartir o seu tempo con nós e contar este xenial conto.
Acó vos quedan unhas pouquiñas fotos:

1 nov 2017

HALLOWEEN - SAMAÍN 2017

Despois do éxito que tivo o curso pasado o concurso de cabazas, este ano decidimos repetir.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra de todo o que fixemos no cole para celebrar o día de HALLOWEEN E SAMAÍN. 
Esperamos que vos guste!!



 





SAMAGOSTO 23/24

Preparándonos para o Samagosto!!