O mércores 20 de xaneiro os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria participaron nunha carreira de campo a través en Guláns xunto con outros colexios da comarca.Foi unha xornada moi divertida a pesar da chuvia.
O vindeiro venres imos celebrar no noso colexio o día da PAZ. Faremos distintas actividades e unha delas é cantar unha canción. Tedes aquí a canción que escollemos para este ano.
Hoxe fomos a Vigo a un concerto de música popular galega. Os gaiteiros/as da Xistra mostráronnos os seus instrumentos, dos que aprendimos cousas moi interesantes. Pasámolo xenial: cantamos, xogamos, bailamos...Antía, a nosa compañeira de 2º de EP tivo a sorte de subir ao escenario e cantar con eles, fíxoo moi ben. Grazas por facernos pasar un bo rato!
Aquí presentamosvos unha selección de fotos do festival de Nadal que celebramos no colexio o 22 de decembro. Mirade que guapos/as e aplicados/as estabamos todos/as.