20 jun 2018

Novo número do noso periódico escolar "Coto do gato"

Boa tarde. Como tódolos anos por estas datas, vimos de editar un novo número do noso periódico escolar.
Podedes descargalo en formato PDF no seguinte enlace:



Esperamos que vos guste. 

Boas vacacións!

19 jun 2018

Excursión de fin de curso

Santiago de Oliveira en Santiago de Compostela.
O pasado venres 15 de xuño, todo o centro tivo a oportunidade de desfrutar dun fermoso día de convivencia para dar por rematado este curso 201-2018. 
Ben cedo subimos aos autobuses cargados coas mochilas cheas de manxares e ilusión. A viaxe fíxosenos curta entre xogos, cancións e risas.
Ao chegar a Santiago, dous museos estábannos esperando cargados de coñecementos e arte, moita arte! Visitamos o Museo do pobo galego e o Centro Galego de Arte Contemporáneo. E é que non podía ser doutra maneira, despois de estar traballando todo o curso no proxecto "Un mundo de cores"!
Enchoupados de cadros, esculturas e historia e despois de converternos en artistas nos talleres do museo, desfrutamos todos  dunha comida exquisita. E é que non importa comer de bocata se a compañía é a mellor de todas.
Algúns repousaron a comida, outros... a outros só lles daba voltas o estómago entre tantos brincos e pinchacarneiros... pero que ben o pasamos!
E de aí... ao tren turístico! Unha hora de percorrido dende a Praza do Obradoiro ata os recunchos máis pequenos da cidade.
Sen dúbida gardaremos un bo recordo deste día. Aquí vos deixamos unha pequena recompilación dos mellores momentos da excursión.




14 jun 2018

XORNADA DE DEPORTE ESCOLAR

Dentro das actividades desenvolvidas  no Proxecto Deportivo de Centro ( PDC) , e organizado por ADECONPAR ,hoxe o alumnado de 3º e 4º de primaria , desfrutou moi intensamente dunha xornada de DEPORTE ESCOLAR, no parque da Avisoureira ( Guláns) 

Compartimos xogos populares con nenos e nenas doutros centros da contorna en equipos misturados.
Foi unha xornada moi divertida, na que o pasaron xenial .

Acó vos queda unha pequena montaxe fotográfica da actividade: 


SAMAGOSTO 23/24

Preparándonos para o Samagosto!!