19 mar 2019

XOGAMOS Ó BÁDMINTON

Dentro do Proxecto Deportivo de Centro o pasado venres 15 de marzo participamos quinto e sexto de primaria nunha xornada de bádminton xunto co colexio de Leirado.
Fixemos varios xogos e ó final elixíronse entre os que máis partidos gañaron os clasificados feminino e masculino para o campionato zonal individual. Éste terá lugar o sábado 6 de abril no pavillón Álvaro Pino de Ponteareas.

A continuación tedes unha mostra da xornada


14 mar 2019

DÍA DA ÁRBORE

O MARTES PASADO TIVEMOS UNHA BONITA XORNADA CELEBRANDO  O
"  DIA DA ÁRBORE ".
GRAZAS Ó CONCELLO POR INVITARNOS.



6 mar 2019

DEPORTE ESCOLAR

O pasado martes día 26 de febreiro, o alumnado de sexto pasou unha estupenda xornada  xogando ao hochey e ao balonmano no Ceip de Leirado. Despois de xogar, os nosos compañeir@s de Leirado invitáronnos a unha merendola. Tamén nós deu tempo de convivir un anaco a  tod@s xunt@s no seu recreo. Podedes ver unha pequena escolma dos momentos máis destacados no seguinte vídeo.

5 mar 2019

🎭ENTROIDO🎭

O venres 22 celebramos a elección do REI e RAÍÑA do entroido 2019. 

O alumnado veu disfrazado do que quixo e fíxose a elección mediante sorteo. O afortunado rei foi RAÚL de 6º de educación infantil e a raíña ELIA de 3º de primaria. 

Eles foron os encargados de dar as ordes da semana do entroido.

As ordes deste ano consistían en caracterizarnos coma un personaxe do xogo "QUEN É QUEN" xa que o xogo é o proxecto deste curso.

No seguinte vídeo tedes un resumo de todo





A festa concluiu o venres día 1, onde cada clase se disfrazou dun xogo ou xoguete.

 Ao finalizar o desfile todos/as gozamos dun delicioso chocolate acompañado con rosquillas.

Este é o vídeo resumo da festa final





SAMAGOSTO 23/24

Preparándonos para o Samagosto!!