26 nov 2017

II SESIÓN CONTACONTOS

Este venres celebrouse na biblioteca a segunda sesión de contacontos para o alumnado de infantil. 
Nesta ocasión estrearonse algunhas alumnas de sexto co conto "A mazá que quería ser unha estrela". 
Os nenos e nenas de infantil quedaron encantados xa que ao final puideron degustar unha deliciosa mazá.

              

Xornada Iniciación Atletismo 3º e 4 curso

O venres 28 de abril desprazámonos ata as Instalacións Deportivas de Pardellas para realizar unha xornada de deporte escolar enmarcada dentro do Programa Proxecta (PDC- Xogade).
Fixemos Atletismo a través de xogos alternativos e populares con outros colexios da zona que tamén forman parte de ADECONPAR (Asociación Deportiva Condado-Paradanta).

Aquí vos deixamos un vídeo da xornada!






20 nov 2017

ACTIVIDADE DE EDUCACIÓN VIAL

Hoxe os nenos e nenas de 3º e 6º achegámonos ás instalacións do  CEIP Nosa Señora dos REMEDIOS para unha xornada de ED. VIAL. Organizada pola Deputación e coa colaboración do Concello, a DXT e a Policía Local de Ponteareas.

       Aínda que nos fixeron agardar un anaco, e xa nos desesperabamos da impaciencia!!!, foi unha xornada divertida, interesante e moi instructiva.

         Despois de facer de peóns, de ciclistas e de conducir os pequenos coches vimos tamén 3 vídeos sobre a importancia do cinto, de circular correctamente, das medidas de seguridade necesarias e do respecto cara os e as ciclistas.

 Acó vos quedan unhas poucas fotos do evento. 

                                   

XORNADA DE CAMPO A TRAVÉS

  O venres 17 de novembro celebrouse en Guláns unha carreira de Campo a Través organizada por ADECONPAR (Asociación Deportiva Escolar Condado-Paradanta) en colaboración co Servizo de Deportes, o Concello de Ponteareas e a Fundación de Guláns.
  Participou quinto e sexto curso de primaria inscritos nas categorías de Alevín e Infantil do Programa Xogade da Xunta, respectivamente. Esta actividade enmárcase dentro do  Proxecto Deportivo de Centro (Plan Proxecta da Consellería).
  Temos que felicitar ó alumnado participante polo esforzo realizado para rematar a carreira, a pesar da dureza da proba. E parabéns para as nosas atletas, que entrando nos primeiros postos, trouxeron medallas para Oliveira. 

Aquí tedes un pequeno vídeo do cros!




16 nov 2017

MOCHILAS VIAXEIRAS

Esta semana saen de novo para as casas as MOCHILAS VIAXEIRAS con libros variados para compartir en familia. Tamén podedes facer comentarios sobre o que vos parece a actividade no caderno viaxeiro que vai en cada mochila.

Un grupo de axudantes de 6º de primaria baixou á biblioteca para facer entrega a un/unha representante de cada clase.

Agardamos que disfrutedes da lectura!!!!






14 nov 2017

CONTACONTOS

O pasado venres inauguramos os "Contacontos"  para o alumnado de ED. Infantil.

Este curso ademais de contalos os alumnos/as do centro, engadimos unha nova opción: que as familias veñan ó cole a contalo tamén.

Desta volta o encargado de inaugurar a tempada de "Contacontos" foi Jano, un papá dun alumno da clase de 1º.

O conto co que deleitou ó alumnado foi o da TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA. 

Moitísimas grazas a Jano por compartir o seu tempo con nós e contar este xenial conto.
Acó vos quedan unhas pouquiñas fotos:

1 nov 2017

HALLOWEEN - SAMAÍN 2017

Despois do éxito que tivo o curso pasado o concurso de cabazas, este ano decidimos repetir.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra de todo o que fixemos no cole para celebrar o día de HALLOWEEN E SAMAÍN. 
Esperamos que vos guste!!



 





28 jun 2017

UN POUQUIÑO DE TODO

Despois de un curso tan duro e con tantas actividades que fixemos e nas que participamos, queremos deixarvos un pequeno resumo con algunhas imaxes.
Esperamos que o disfrutedes e que descansedes no verán!
Boas vacacións para tod@s!!



NOTA: Poder ver o vídeo dende o vosos dispositivos móbiles pinchade no seguinte enlace :
UN POUQUIÑO DE TODO.

22 jun 2017

Chega o noso periódico escolar "Coto do Gato"

Bo día a tod@s. Chegan as vacacións de verán e con elas un novo número do noso periódico escolar "Coto do Gato". Podedes descargalo en formato PDF aquí.
Boas vacacións!

19 jun 2017

UNHA VIAXE POLO MUNDO

Aquí vos deixamos unha pequena mostra de todo o que traballamos a través de : UNHA VIAXE POLO MUNDO.
Visitamos países como ESPAÑA, EXIPTO, CHINA, SUIZA, PORTUGAL, ITALIA, BRASIL, URUGUAI, FRANCIA E REINO UNIDO.
Esperamos que vos guste!!

6 jun 2017

Portugal.



Nesta viaxe polo mundo os nenos e nenas da clase de 2º aprendemos moitísimas cousas sobre Portugal: gastronomía, música, lugares especiais, lingua, falantes, e cultura en xeral. Fixemos a nosa aportación ó grande libro da "Viaxe polo mundo" da nosa mascota Olirei , e esta foi a nosa contribución, o noso capítulo para o libro, cunha pequena parte do que aprendemos sobre o país veciño.

Deixámosvos tamén un link para que vexades a LENDA DO GALO DE BARCELOS ,  tamén ó vídeo da MAIOR FLOR DO MUNDO , que é un dos poucos relatos infantís que escribiu o premio Nóbel de literatura José Saramago.

E ademais compartímosvos un fado de Ana Moura que nos gusta moito. 
             

27 may 2017

7º Contacontos para ED. Infantil.

Como último venres do mes de Maio, desta volta foi o alumnado de 4º de primaria o encargado de preparar un conto para dramatizar ó alumnado de ED. Infantil.

O conto elexido foi: " Eu non fun" da Editorial Kalandraka.

Acó vos quedan unhas poucas fotos do momento:

17 may 2017

CARLOS CASARES E A SÚA OBRA

Onte visitamos a biblioteca de Guillade para participar outro ano máis, nunha actividade do programa Ler Conta Moito.

Este ano consistiu  nun contacontos onde se ía contando a vida de Carlos Casares, o homenaxeado deste ano das Letras Galegas, a través da súa obra.

A continuación deixamos coma sempre un vídeo coas imaxes da sesión.

16 may 2017

11 may 2017

TRABALLANDO COAS TICS

O alumnado de sexto curso fixo un traballo sobre tres xornadas de deporte escolar nas que participan dentro do Programa Proxecta PDC-Xogade. Realizaron a montaxe dos vídeos usando as tablets da biblioteca do colexio. Fixeron a entrada no blog e subiron o vídeo utilizando youtube. Foi un proxecto interesante no que aprenderon un montón.

Aquí vos deixamos unhas fotiños e máis abaixo as tres entradas do blog feitas polos,-as alumnos,-as.







VISITA DO CEIP LEIRADO DE SALVATERRA



Na tempada de deporte escolar viu o C.E.I.P Leirado.
Foi unha xornada moi divertida e emocionante, na que todos esforzámonos moito.


Visita ó Álvaro Pino . Xornada de bádminton.



O alumnado de sexto e quinto curso desfrutamos dunha xornada de bádminton na que o obxetivo é acercar o deporte os máis novos.






NO COLEXIO FERMÍN BOUZA BREY



O día 15 de Febreiro visitamos o colexio Fermín Bouza Brey os nenos/as de 5º e 6º. Xogamos ó Fútbol e ó Baloncesto.

Pasámolo moi ben !


7 may 2017

Visita Club Ciclista Ponteareas


O 27 de abril visitounos o Club Ciclista Ponteareas para promocionar o seu deporte, e a verdade é que o fan con moita ilusión. Deixámosvos un vídeo para que vexades o divertido que foi. Soamente hai que ver as nosas caras de felicidade e concentración.



5 may 2017

Imaxinar a educación: 50 anos de Frato

Hoxe fomos de excursión a Pontevedra, ó Pazo da Cultura,  á exposición "Imaxinar a educación. 50 anos con Frato" 
Pasámolo moi moi  ben , divertímonos aprendemos e xogamos moito moito moito. Tanto que a mañá pasou voando...

Acó vos quedan as fotos do evento:



Por se quedastes con ganas de máis, a visita é libre ata o 11 de xuño.

1 may 2017

Semana das Ciencias




Có galo  da Semana das Ciencias, o alumnado de 6º curso do Ceip Santiago de Oliveira, traballou sobre o proxecto: "A  pena do Equilibrio", relacionando a física e o equilibrio emocional.
Fomos invitados a visitar o Museo das Ciencias de Ponteareas e a participar na exposición: 
"A ciencia polas rúas de Ponteareas", onde todos os  colexios levaron unha mostra dos seus traballos.
Foi unha experiencia moi interesante!!

 Deixámosvos unha presentación desta experiencia didáctica.

Noraboa!!










CONTACONTOS MES DE ABRIL

O venres pasado celebrouse unha nova sesión de contacontos na biblioteca. Esta vez foi o alumnado de quinto o que se encargou de facer pasar un momento agradable ao alumnado de infantil.

Deixámosvos un pequeno vídeo que demostra o ben que o pasaron.


25 abr 2017

Encontro con Fina Casalderrey.

Hoxe os nenos e nenas das clases de e de fomos ó colexio Nosa Señora dos Remedios, para ter un encontro coa escritora Fina Casalderrey xunto coas aulas de primeiro dese centro.
Falounos do libro " O segredo de Zoe" que limos todos. Ademais asinounos a cada un o noso libro para que tivesemos un bo recordo deste día.
Despois do encontro tivemos un tempo de convivencia cos nenos de 1º para xogar divertirnos e merendar.

Moitas grazas á Fina por compartir esta mañá con nós e a Susana Lamela , mestra, escritora e que estudou no noso colexio, que foi a que deu lugar a que se producise este encontro.
Foi moi interesante e divertido, gustounos moito!!!!

Acó vos quedan unhas pouquiñas fotos.
  

21 abr 2017

DÍA DO LIBRO

Con motivo de conmemorar o DÍA DO LIBRO, que será o próximo 23 de abril, fixemos un Apadriñamento Lector mediante o cal cada padriño e madriña tiña que lerlle un conto elexido por eles mesmos aos seus afillados e afilladas. Aquí vos deixamos unha pequena mostra.

 Nota: Se accededes dende un móbil ou tablet e queredes ver a presentación de fotos, premede aquí:  DÍA DO LIBRO

1 abr 2017

SIMULACRO

Onte fixemos un simulacro de incendio no cole. Para facelo máis real contamos coa presenza dos bombeiros de Ponteareas que ademais de supervisar todo o proceso, nos dixeron que cousas debemos mellorar en caso de emerxencia. 

Cando remataron de "apagar o lume", ensínaronlle ao alumnado de infantil o camión e todo o material que empregan nas emerxencias. Pasáronno xenial!!! Por outro lado o alumnado de primaria asistiu a unha pequena charla, onde un apicultor lles contou cousas sobre a vespa velutina e como se poden facer trampas para reducir a súa presenza na zona.

Foi moi interesante. Acó vos deixamos unha presentación que resume o que deu de si o momento.

31 mar 2017

CONTACONTOS MES DE MARZO

Onte 31 de marzo na hora de recreo, celebrouse unha sesión de contacontos máis. 
Esta vez voltou ser o alumnado de sexto o encargado de contar o conto. 
Este conto titulado "BREIXO" foi inventado por eles mesmos. 
Deixámosvos unha pequena presentación.

 

27 mar 2017

AS MAIMIÑAS

O venres 24 de marzo tivemos unha actuación moi especial no cole, contamos coa visita de AS MAIMIÑAS que nos presentaron o seu novo libro-CD. Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto interdisciplinar que estamos a traballar: UNHA VIAXE POLO MUNDO! Deixámosvos unha pequena mostra do espectáculo!

Nota: Se accededes dende un móbil ou tablet e queredes ver a presentación,
premede aquí:   AS MAIMIÑAS




13 mar 2017

Semana escolar da Prensa.

A pasada semana conmemorouse a semana escolar da prensa.

Por este motivo, e seguindo coa nosa "Viaxe polo Mundo" ,
cada unha das aulas tivo que elaborar unha noticia sobre o país que está a traballar.
Recopilamos todas elas para crear o noso propio xornal:
" Olirei Internactional News" 
Esta semana o noso xornal pasará por todas as aulas. 
BOA LECTURA!!! 

12 mar 2017

Plantación de árbores no Monte Piñeiral Arvelle


O venres 10 marzo o alumnado de terceiro, cuarto e quinto curso de Primaria foron agricultores por un día grazas a unha iniciativa da Cooperativa e Montes de Guillade. Co obxecto de fomentar o cultivo de árbores de interese para a zona plantamos nogueiras, cerdeiras e castiñeiros.  





              


1 mar 2017

ENTROIDO 2017

Deixámosvos unha pequena mostra desta semana tan máxica que vivimos no colexio!!
Primeiro comezamos pola elección do Rei e da Raíña o luns, que veu seguida por todas as ordes do Meco. 
A seguinte celebración tivo lugar o mércores coa actuación do grupo PESDELÁN co seu espectáculo Entroidanzas. 
E finalmente tivo lugar o tan esperado Desfile de Entroido no centro coa guinda final da tan saborosa chocolatada.
Que ben o pasamos!!!! 

19 feb 2017

4º CONTACONTOS

O venres, na biblioteca, na hora do recreo, celebrouse a 4ª sesión de contacontos.
Nesta ocasión o alumnado de terceiro de primaria  contou aos nenos e nenas
de ED.  infantil unha versión do clásico "OS TRES PORQUIÑOS"
Estiveron moi atentos.
 A continuación deixámosvos un vídeo para que o vexades.

29 ene 2017

3ª SESIÓN DE CONTACONTOS

O venres o alumnado de 4º de primaria fixo gozar ao alumnado de educación infantil cun precioso conto titulado "O libro dos porcos".

Deixámosvos unha pequena presentación para que vexades o ben que o pasaron.








8 ene 2017

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

Comeza un novo trimestre, e con el, chegan á nosa biblioteca novidades para seguir VIAXANDO POLO MUNDO ademais doutros títulos que non deben faltar nunha biblioteca.

Agardamos que vos gusten e disfrutedes da lectura.











SAMAGOSTO 23/24

Preparándonos para o Samagosto!!