20 nov 2011

Día do dereito dos nenos e das nenas

Ás persoas que formamos o Equipo de Convivencia Escolar pensamos que sería bonito facer unha presentación na que falemos dos sentimentos dos nenos e das nenas ,dos valores e do seu dereito á Educación.

4 nov 2011

COÑECENDO A KEITH HARING NO 1º CICLO




Estes días as clases de 1º e 2º de Primaria estamos traballando sobre o artista contemporáneo estadounidense
KEITH HARING


Estivemos investigando un pouco sobre el e observando moitas das súas obras, e iso que ten moitísimas creacións...


Hoxe nos "deberes" temos que crear unha historia a partir dun dos seus debuxos.

Acó vos queda un par de pequenos vídeos cunha pequena parte da súa obra, que vimos hoxe na clase de 2º.






Acó vos queda un link con máis información de actividades feitas na clase de 1º.

28 oct 2011

HALLOWEEN

O vindeiro luns 31 de outubro celébrase HALLOWEEN, no colexio fixemos unha pequena exposición coas cabazas decoradas que trouxeron os nenos e nenas . Aquí vos deixamos algunhas fotos, esperamos que vos gusten!








24 oct 2011

Hoxe conmemórase o día da biblioteca escolar.


Visto en O RECANTO DE MIK

Para celebrarmos o Día da biblioteca (24 de outubro), o mes da biblioteca escolar (segundo convocatoria da IASL), un curso máis, a Consellería de Educación edita un cartaz cunha imaxe dun autor ou autora galeg@ . Nesta ocasión, Emma Ríos, ilustradora do mundo do cómic ( banda deseñada) , interpreta o lema proposto, Biblioteca escolar, última xeración, e ofrécenos unha visión alegre e cómplice do que son e poden ser as bibliotecas escolares: lugares de encontro e de convivencia, espazos de aprendizaxe e de contacto gozoso coa cultura escrita; integración dos distintos soportes e formatos que albergan a información e os contidos culturais, oportunidades para soñar e imaxinar; apoio para a adquisición de competencias básicas e construción de coñecementos de calquera tipo; escolas de cidadanía.
As bibliotecas escolares están xa inmersas en proxectos e actividades porque, por moi escuro que sexa o futuro, nas nosas bibliotecas non se deixa de soñar.
(De
Asesoría de Bibliotecas Escolares Galegas)

20 oct 2011

Mañá imos ir a un concerto de música !!!

Mañá venres o alumnado de Primaria irá ó auditorio "Reveriano Soutullo" de Ponteareas a escoitar unha magnífica actuación da BANDA DE MÚSICA XUVENIL DE XINZO
Iremos en dúas "tandas" e a actuación vai ter unha hora de duración.

Xa vos contaremos !


18 oct 2011

AS MOCHILAS VIAXEIRAS


Esta semana as mochilas viaxeiras están emprendendo un novo camiño.
En cada unha das aulas de primaria estanse repartindo unha ou dúas mochilas viaxeiras.

A mochila viaxeira , é como di o seu nome unha mochila que "viaxa". Cada semana estará na casa dun dos alumn@s da clase. Dentro hai un mínimo de tres libros, e unha pequena libreta para facer un debuxo ou escribir o que nos pareceu o conto( dependendo do curso no que estean) Ademais dunha folla explicando para qué son cada un dos tres libros.

Acó tedes unha entrada sobre o mesmo tema no blogue da aula de 1º


BOA LECTURA !!

SAMAGOSTO 23/24

Preparándonos para o Samagosto!!