29 ene 2015

O PRÓXIMO MARTES IMOS DE EXCURSIÓN Á CORUÑA

O vindeiro martes día 3 de febreiro imos de excursión á Cidade da Coruña, para facer un percorrido museístico. Imos ir á tríada dos Museos Científicos CoruñesesDomus , Acuario ( tamén coñecido coma casa dos peixes) e Casa das Ciencias.

As visitas comezarán ás 11 da mañá na Domus, para continuar no Acuario e rematar no casa das Ciencias, culminando co visionado do Planetario.

Acó vos deixamos un par de vídeos informativos e algunha páxina web de interese coma a canle en youtube dos Museos Científicos Coruñeses onde tedes uns vídeos moi interesantes.

  ÍMOLO PASAR XENIAL!!  

      

19 dic 2014

BO NADAL.

Seguindo un pouco o camiño marcado pola figura do Apalpador , queremos deixarvos ista felicitación de Nadal. BOAS FESTAS.

9 dic 2014

RECEITAS DE NADAL

Aquí tedes unha recopilación das receitas de Nadal que aportaron os nenos e nenas das clases de 1º e 2º.
Temos de todo: receitas salgadas, doces, doutros lugares, propias da terra... Botádelle un ollo.




5 dic 2014

O APALPADOR




Todos e todas coñecemos as personaxes tradicionais do Nadal como son Papá Noel ou Os Reis Magos, pero, sabedes cal é a personaxe galega do Nadal? O Apalpador. 
Seguramente moitos xa sabedes quen é, outros lembrades algunha cousa e algún despistado ou despistada non saberá quen é, así que imos ver unhas cantas cousiñas divertidas. Agardamos que disfrutedes moito. Adiante!


Quen é o Apalpador? Queredes sabelo? Pois premede neste enlace:
https://dl.dropboxusercontent.com/u/50994681/apalpador/apalpador.html

Premede no seguinte enlace e moi atentos ao conto para responder correctamente:
http://bibliotecasantamarina.blogspot.com.es/2012/11/lim-noite-do-apalpador.html

Para os máis pequenos:
http://chiscos.net/almacen/lim/o_apalpador1/lim.swf?libro=o_apalpador.lim 

Para os grandes do cole:
http://www.vieiros.com/vieiros-da-escola/index.php?id=8

O apalpabarrigas: 
http://centros.edu.xunta.es/ceipfrian/phpwebquest/caza/soporte_tablon_c.php?id_actividad=15&id_pagina=2

Antón e o O Apalpador:
http://apalpador.es/ 

Conto con pictogramas:
http://www.slideshare.net/cucacambados/apalpador-7878360?ref=http://cuentoscancionespicto.blogspot.com.es/2011/05/o-apalpador.html

Todas as personaxes famosas saen na wikipedia:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Apalpador

Ponte a proba:
http://www.quizrevolution.com/ch/cu95717/go

Escríbelle a carta ao Apalpador:
http://www.coordinadoraendl.org/nadal2010/recursos/doc/apalpa-carta1.pdf

Monicreque do Apalpador:
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiF0yFMNkqs0smYD170KH8hSuOldpEB4cwsAPNmCjd33RLYn-T7BWdyiM6ffVl7jDNwInppF7-jEO9DEhnVbG1Hp2nUl_oZ4YHp2YpH9jk0uJtvX0x5eqsa1BIcqQ9k3pigWv8gxzXGkVO9/s1600/monicreque_A3_cmyk.jpg

Repasa e colorea (para peques):
http://www.apalpador.com/imaxes/pdf/GrafomotricidadeApalpador.pdf

A continuación tedes unha serie de vídeos para que o pasedes moi ben:



  

  

  

Un libro sobre o Apalpador:

29 nov 2014

AS MAIMIÑAS

O pasado venres tivemos unha visita moi especial. as Maimiñas, que nos fixeron rir a cachón, fixéronnos saltar, bailar e sobre todo divertirnos, e ademais contáronnos  a súa viaxe polo mundo...

Por se non coñecedes aínda a istas rapazas tan saladas, simpáticas e divertidas, deixámosvos un pequeno vídeo das Maimiñas:





E acó vos queda o vídeo con TODAS AS FOTOS que se quitaron na actuación das MAIMIÑAS, o pasado venres, tanto na sesión de Infantil coma na sesión para Primaria.



7 nov 2014

MAGOSTO 2014

Ó final, celebramos hoxe o magosto. Estabamos pendentes do tempo pero iste deixounos desfrutar dista xornada de festa. Comemos castañas e pasámolo moi ben. Aquí vos deixamos unhas fotos...




E un pequeno vídeo con máis fotos para que vexades que ben o pasamos:

30 oct 2014

AS CABAZAS DO SAMAÍN


Un ano máis, os nenos e as nenas do cole, traen cabazas adornadas das súas casas. Aquí vos deixamos unhas fotos esperando que vos gusten.




SAMAGOSTO 23/24

Preparándonos para o Samagosto!!