Que pasedes unhas boas vacacións!
19 jun 2015
COTO DO GATO 2015
Este ano decidimos editar dixitalmente o noso periódico escolar en formato PDF. Xa está dispoñible e podedes descargalo aquí.
Que pasedes unhas boas vacacións!

Que pasedes unhas boas vacacións!
9 jun 2015
AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO
Na páxina web do centro (http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsantiagooliveira), tedes información relativa ás axudas para a adquisición de libro de texto do próximo curso
1 jun 2015
ALGUNHAS FOTOS DA SAÍDA A MARCELLE
Unha pequena escolma de fotos , case todas da paisaxe e dos animais!!.
25 may 2015
EXCURSIÓN A MARCELLE (26 de maio)
Mañá día 26 de maio temos excursion a Marcelle.
Marcelle é un parque no que conviven animais de distintas partes do mundo, dende o lobo, ata osos, cebras e outros moitos animais. É unha oportunidade magnífica de que os nenos e as nenas comprendan a importancia de protexer a fauna silvestre e conservar a natureza.
Chegará o alumnado coma sempre ó colexio (prégase puntualidade), e dende alí sairemos ás 9.
A hora de chegada está prevista sobre as sete e media da tarde aproximadamente.
Aquí vos deixo un link da páxina do parque para que teñades mais información.
Marcelle é un parque no que conviven animais de distintas partes do mundo, dende o lobo, ata osos, cebras e outros moitos animais. É unha oportunidade magnífica de que os nenos e as nenas comprendan a importancia de protexer a fauna silvestre e conservar a natureza.
Chegará o alumnado coma sempre ó colexio (prégase puntualidade), e dende alí sairemos ás 9.
A hora de chegada está prevista sobre as sete e media da tarde aproximadamente.
Aquí vos deixo un link da páxina do parque para que teñades mais información.
(Clica na imaxe)
Xornada de Convivencia co CEIP FELICIANO BARRERA
O pasado venres tivemos unha xornada de convivencia co CEIP FELICIANO BARRERA ( Guláns).
As clases de 5º e 6º tiveron unha xornada de DEPORTE ESCOLAR , xogando ó baloncesto e ó "hockey".
O resto dos nenos e nenas dividímonos por ciclo e fixemos algúns xogos tradicionais , e tamén lles ensinamos o noso colexio ós nenos e nenas que conviviron con nós.
Despois de tanto xogar, chegou o momento do chocolate e as rosquillas , das que demos boa conta.
Pasámolo xenial.
Acó vos queda un pequeno vídeo con algunhas das fotos que se tomaron o venres.
15 may 2015
O NOSO LIBRO DO UNIVERSO.
Os nenos e nenas das clases de 1º e 2º levamos un tempo traballando sobre o UNIVERSO, aprendemos moitas cousa, miramos vídeos, analizamos prensa, escribimos historias, e tamén surxiron unha serie de dúbidas sobre o UNIVERSO.
Decidimos facer o noso libro de preguntas e respostas sobre o UNIVERSO.
Acó vos queda a nosa producción conxunta:
6 may 2015
LIBRO DE RECEITAS GALEGAS DE QUINTO E SEXTO.
Os nenos e nenas de 1º e 2º fixeron un libro de Receitas do Nadal, as nenas e nenos de 3º e 4º fixeron outro libro de Receitas de Entroido.
Agora os nenos e nenas de 5º e 6º, e co gallo da proximidade do día Das Letras Galegas, elaboraron un libro de Receitas típicas Galegas.
Acó o tedes en soporte informático , pero recordade que proximamente estará á vosa disposición na biblioteca do centro, ó igual que os outros dous libros.
Boa lectura e bo día das Letras Galegas:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
SAMAGOSTO 23/24
Preparándonos para o Samagosto!!
-
O día 2 de febreiro en Galicia celébrase o día da CANDELORIA. Ou o día no que "casan os paxariños" O día do Amor na nosa terr...
-
Despedida do curso e do noso Proxecto: A auga é vida Vémonos en setembro. Boas vacacións!!
-
Preparándonos para o Samagosto!!
