27 ene 2011

TALLER MEDIOAMBIENTAL

Hoxe día 27 de xaneiro, os membros da ludoteca do concello, viñeron ao noso cole para falarnos sobre o Medio Ambiente por medio de talleres. Tocoulles aos nenos e nenas de 5º pero xa estiveron o día 12 cos de 3º curso. Tratan de sensibilizalos sobre a reciclaxe e o coidado da natureza.
Mirade que atentos están.




Poñémosvos as datas dos demais cursos e a súa temática, que iremos agregando ao blog:
- 17 de Febreiro: Educación ambiental, 6º
- 18 de Febreiro: Xogos, 2º
- 24 de Febreiro: Técnicas de estudo, 4º
- 2 de Marzo: Xogos, 1º

24 ene 2011

Traballando sobre o día da Paz


Mirando nos distintos blogues atopamos este xogo LIM
que fixo a profe Belén Junquera, sobre o día da Paz,
podedes xogar en galego, castelán e en Inglés.
Acó vos queda o link:
LIM SOBRE A PAZ

22 ene 2011

Preparando o día da Paz

O venres desta semana imos facer unha serie de actividades para conmemorar o día da Paz
Acó vos queda un vídeo moi ilustrativo, relacionado co tema.

21 dic 2010

BIBLIOTECA

ALGUÉN PASOU POLO COLE E DEIXOU LIBROS NOVOS NA BIBLIOTECA. AGÁRDANVOS, PARA QUE Á VOLTA DAS VACACIÓNS DESCUBRADES CANTAS COUSAS INTERESANTES VOS QUEREN CONTAR.





FELICITACIÓN DE NADAL.

E xa está acó, e xa chegou, é a felicitación navideña que fixemos este ano,proposta polo equipo das T.I.C, na que participamos todos e todas versionando algunhas cancións galegas para crear a nosa propia macro panxoliña.
Acó vos queda o vídeo, agardamos que o desfrutedes tanto coma nós facéndoo.

E mañá o festival!!

Click to play this Smilebox greeting

SAMAGOSTO 23/24

Preparándonos para o Samagosto!!