O Día da Terra é un día celebrado en moitos países o 22 de abril, para crear unha conciencia común aos problemas da SUPERPOBLACIÓN, a produción de CONTAMINACIÓN, a conservación da BIODIVERSIDADE e outras preocupacións ambientais para protexer a Terra.
No Santiago de Oliveira ímonos ir de andaina aosMUÍÑOS DE CELEIROS, para conmemorar este día. Será unha ruta de entre 3 ou 4 Km, onde os nenos levarán unha pequena mochila cun bocata e unha botelliña de auga.
Estaremos todo o día na Natureza!
Aquí deixamos unha marabillosa foto feita hoxe neste muíño
Xa o estamos celebrando no cole, con moitos traballos e actividades interesantes:
Hoxe, 22 de de abril veu ao cole un CONTACONTOS!!
Todo un espectáculo!
Concurso de debuxo cun eslogan para á animación á lectura
Haberá dous gañadores, coa categoría de Infantil e Primaria, e cos debuxos premiados, o equipo de biblioteca confeccionará uns marcapáxinas para agasallar a tod@s no día do libro. Ademais haberá un agasallo persoal para os premiados.
Proxecto O MEU CONTO FAVORITO.
Tod@s traerán o seu conto favorito da casa. Xa na clase elixirán entretod@s @s compañeiros só un deles (será un choio duro, seguro que son todos marabillosos). Cando xa teñan escollido o libro, terán que seleccionar unhas estrofas, párrafos..., xa que o día do libro leranse na radio do cole.
Ø
@s alumn@s do 1º ciclo traballaron cuns vídeos moi interesantes, que nos animan a ler:
O Día Mundial da Saúde celébrase o 7 de abril para conmemorar o aniversario da creación da Organización Mundial da Saúde en 1948.
Cada ano elíxese para esa día un tema que pon de relevo unha esfera de interese prioritario para a saúde pública mundial.
O tema de 2013 é a hipertensión
E ti? Sabes como coidar a túa saude?
22 mar 2013
22 DE MARZO
DÍA MUNDIAL DA AUGA
Este día é unha ocasión para recordar a importancia que ten a auga non salgada para as nosas vidas, xa que ás veces non lle damos a importancia que merece, e esquecemos a aquelas persoas que non poden ter a auga potable suficiente para a a