O pasado xoves durante a clase de Inglés fixemos c@s nen@s de 1º unha actividade moi divertida!! Estamos aprendendo as partes do corpo así que decidimos "perfilar" a un voluntario, que foi Jose, e sinalar tódalas partes que estamos traballando.
Aquí vos deixo unhas fotos para que vexades o ben que o pasaron e o ben que nos quedou o resultado.
O vindeiro 20 de marzo terá lugar unha eclipse total solar que aínda que parcialmente se poderá ver enGaliciacunha importante magnitude. De feito, dado que a eclipse se inicia no Atlántico e pasa entre Islandia e as Illas Británicas para rematar no Polo Norte, será a galega a comunidade onde a Lúa oculte máis o Sol; concretamente na costa noroeste chegará a ocultarse máis dun 75% da superficie solar. De darse condicións meteorolóxicas favorables, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC alerta das debidas precaucións que hai que tomar ese día para observar o fenómeno.
A eclipse comezará en Galicia ás 9:05 horas, terá o máximo ás 10:09 e rematará ás 11:18. Retransmitirase vía internet poloReal Instituto y Observatorio de la Armada, e porMisión Eclipse. Ademais, o Observatorio Astronómico da USC organizará no seu xardín unha sesión pública de seguimento. ( podedes ler o artigo completo en G-CIENCIA )
Dende o 27 de febreiro estase a celebrar o Salón do Libro en Pontevedra, e podemos ir visitalo ata o vindeiro día 28 de marzo. É unha cita anual que nos en envolve nun mundo de fantasía dirixido a público de calquera idade, dende os máis cativos ata os máis grandiños da casa. Podemos atopar exposicións, mostras, obradoiros, cursos, conferencias, presentacións de libros, actuacións musicais e teatrais e unha chea de actividades interesantes e divertidasde balde. Este ano a temática é "Da Ciencia á Ficción", e decenas de colexios aportaron a súa creatividade para que todos disfrutemos desta cita ineludible. Dende aquí invitámosvos a pasar polo Pazo da Cultura de Pontevedra e divertirvos como nunca. Se queredes máis información premede nestes enlaces e observade a multitude de actividades que podedes visitar:
Hoxe 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía xa que naceu o 24 de febreiro do ano 1837.
É unha das meirandes escritoras en lingua galega así como tamén unha das principais responsábeis do Rexurdimento galego decimonónico. O 17 de maio, Día das Letras Galegas celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares galegos.
(Galipedia)
Rosalía de Castro é unha figura indispensábel na literatura do século XIX. Os estudos sobre literatura feminina de épocas pasadas inclúena entre as grandes escritoras, das que destacaremos Concepción Arenal, Carolina Coronado, Gertrudis Gómez de Avellaneda e Emilia Pardo Bazán.
( Bibilioteca Virtual Miguel de Cervantes)
Acó queda unha pequena ESCOLMA de actividades relacionadas co día de hoxe.
Os nenos e nenas de 3º e 4º aportaron cada un deles unha receita relacionada co Entroido.
Fixemos unha compilación ben chula para facer un libriño que vai a quedar na biblioteca do noso centro. Pero se non podedes agardar a velo na biblioteca, acó vos queda un ISSUU con todas as receitas escaneadas. E agora a desfrutar destas receitas saborosas !!!
O día 2 de febreiro en Galicia celébrase o día da CANDELORIA. Ou o día no que "casan os paxariños" O día do Amor na nosa terra.
En Galicia, a data da Candeloria era considerada coma un preludio da chegada da primavera e con ela o renacer da natureza. Dicíase que era a época do casamento dos paxaros e para os mariñeiros tamén era o comezo da navegación despois da longa espera no período invernal, no cal a maior parte das embarcacións non saían dos portos.
O
vindeiro martes día 3 de febreiro imos de excursión á Cidade da Coruña, para
facer un percorrido museístico. Imos ir á tríada dos Museos Científicos Coruñeses: Domus , Acuario ( tamén
coñecido coma casa dos peixes) e Casa das Ciencias.
As
visitas comezarán ás 11 da mañá na Domus, para continuar no Acuario e rematar
no casa das Ciencias, culminando co visionado do Planetario.
Acó vos
deixamos un par de vídeos informativos e algunha páxina web de interese coma a canle en youtube dos Museos Científicos Coruñeses onde tedes uns vídeos moi interesantes.