Os alumnos/as de 5º e 6º de Primaria, para traballar a Competencia Matemática, fixeron un pequeno proxecto que consistiu na elaboración duns Lapbooks coa temática Los números viajan por....Roma, China, Egipto, Babilonia, Grecia e a cultura Maya. Aquí queda o vídeo para que lle votedes unha ollada. Noraboa a todos/as!!!
Completando a entrada anterior, deixámosvos aquí unha publicación issuu da revista escolar para que poidades vela online, por se acaso non tedes dropbox. Ao mesmo tempo, como medio alternativo para poder descargar a revista, deixámosvos un enlace de google drive aquí.
Este ano decidimos editar dixitalmente o noso periódico escolar en formato PDF. Xa está dispoñible e podedes descargalo aquí. Que pasedes unhas boas vacacións!
Mañá día 26 de maio temos excursion a Marcelle.
Marcelle é un parque no que conviven animais de distintas partes do mundo, dende o lobo, ata osos, cebras e outros moitos animais. É unha oportunidade magnífica de que os nenos e as nenas comprendan a importancia de protexer a fauna silvestre e conservar a natureza.
Chegará o alumnado coma sempre ó colexio (prégase puntualidade), e dende alí sairemos ás 9.
A hora de chegada está prevista sobre as sete e media da tarde aproximadamente.
Aquí vos deixo un link da páxina do parque para que teñades mais información.