27 ene 2020

MEDIACIÓN 2019/2020

Enmarcado no Plan de Convivencia do centro, continuamos este curso 2019/20, coa Mediación Escolar. O obxectivo é mellorar as relacións e chegar a un acordo ante os conflitos.

   Plantexamos unha 1ª fase na que un grupo de alumnos/as de 6º de primaria se presentaron voluntariamente para ser mediadores/as (12 alumnos/as). Con este grupo durante o 1º trimestre realizouse unha formación onde se potenciou a escoita activa, a resolución de conflitos e se delimitou claramente cales son as súas funcións. 

A 3ª fase consistiu en informar a todo o alumnado de infantil e primaria de que hai mediadores e da súa función. 



Elaborouse o Caderno Mediador, onde se irán anotando os conflitos que surxan e a solución.











E por último actuarán durante os períodos de patio, por quendas, a partir do 2º trimestre e ata que remate o curso.


  ÁNIMO MEDIADORES/AS!!

24 dic 2019

SEMANA DE NADAL 2019

A última semana antes das vacacións tivemos moitas sorpresas. O luns visitounos a Apalpadora con moitas cancións e boa enerxía. O xoves visitounos Papá Noel e o Rei Mago e tivemos unha gran merendola. E xa de despedida fomos ó cine a ver Frozen II.




Deixámosvos un vídeo e o desexo de que pasedes Boas Festas!

8 dic 2019

CAMPIONATO ZONAL DE CAMPO A TRAVÉS

Un ano máis participamos no cross escolar nas instalacións do Centro Cultural de Guláns os días 4 e 5 de decembro. Este ano como novidade participou tamén o alumnado de terceiro e cuarto de primaria.
A experiencia foi moi positiva pois todos remataron a carreira chegando incluso nos primeiros postos.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do evento.





24 nov 2019

PARLAMENTO DE GALICIA

O VENRES 22, ALBA E LUNA,  ALUMNAS DE 6º DE E.PRIMARIA, VISITARON O PARLAMENTO DE GALICIA REPRESENTANDO AO NOSO CENTRO NO CONSELLO MUNICIPAL DA INFANCIA DE PONTEAREAS.
XUNTO CON OUTROS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE DISTINTOS COLEXIOS DE PONTEAREAS E ACOMPAÑADAS POLA CONCELLEIRA DE ENSINO CRISTINA FERNÁNDEZ PUIDERON PARTICIPAR DUNHA MOI INTERESANTE EXPERIENCIA.


DEIXÁMOSVOS O LINK DA PÁXINA WEB DO CONCELLO, PARA PODER LER O TEXTO COMPLETO DA VOCEIRA, QUE REPRESENTOU A TODOS OS NENOS E NENAS DO CONSELLO MUNICIPAL DA INFANCIA.







TEATRO

O PASADO MARTES  O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL E 1º DE E.PRIMARIA VISITARON O AUDITORIO DE PONTEAREAS PARA GOZAR DUNHA REPRESENTACIÓN TEATRAL :
" NUBE,NUBE SOL"  ,ESTIVERON MOI ATENTOS, RÍRONSE MOITO E COMPORTÁRONSE XENIAL.

 DEIXÁMOSVOS UNHA PEQUENA MOSTRA DESE MOMENTO.

 


17 oct 2019

CONCERTO BANDA XUVENIL DE XINZO

Onte o alumnado de 4 e 5 anos e 1º e 2º de primaria visitaron o auditorio Reveriano Soutullo para coñecer a Banda de Música Xuvenil de Xinzo.
A través da representación dun coñecido programa de televisión deron a coñecer os distintos  instrumentos que compoñen a banda.
O alumnado disfrutou moito e nunca se sabe se algún día formarán parte desa fermosa banda.










SAMAGOSTO 23/24

Preparándonos para o Samagosto!!