21 dic 2009

CHEGA O NADAL AO COLEXIO

Ao cole chega o Nadal e todos e todas traballamos para decorar as aulas e facer manualidades moi fermosas.

Aquí xa tedes algúns exemplos do que se foi facendo.

Tampouco faltou a árbore de nadal que tanto nos gusta, vede aquí os nenos de 3 anos coa súa.




O Belén tamén ten o seu posto no noso colexio. Na entrada está onde todos podemos velo. Fixémolo entre todos con moita ledicia.


Pero sabedes, as nosas familias tamén botaron unha man para decorar o colexio con adornos do nadal. Tiñan que axudarnos a adornar unhas bolas e mirade, mirade que bolas fermosas xuntamos.





20 dic 2009

OS RENOS RUDOLPH







Aquí temos aos nenos de Primeiro cos seus cornos do reno Rudolph que fixemos nunha das sesións de Inglés.
Na sesión previa escoitamos un conto de Papá Noel e o seu reno Rudolph que lles gustou moito, e como complemento para esta actividade fixemos esta manualidade tan divertida.
Verdade que quedaron guapos?

11 dic 2009

EXCURSIÓN A VIGO

O mércores foron os nenos de 4 anos, 5 anos, 1º e 2º de primaria de excursión a Vigo. Visitaron nin máis nin menos ca un MUSEO. Para ser máis precisos, o Museo do Marco. Alí viron moitas cousas e din que tamén aprenderon moito.


Aquí tedes uns enlaces de interese:

A foto do MUSEO.

A PÁXINA WEB do museo.

En breve tamén se publicarán aquí algunhas das fotos que sacamos.

9 dic 2009

COMEZA A NOVA ACTIVIDADE DA BIBLIOTECA


OLIREI ten novidades para vós. Trátase da actividade

O CLUB DA LECTURA

Pinchando sobre a imaxe podedes ver o que vos ten que dicir.

Asegúrovos que é moi importante.


25 nov 2009

FOMOS A INDIANABILL

Ola a todos e todas.

Os peques fomos de excursión. Nin máis nin menos que a Indianabill á Ramallosa.

Pasámolo en grande. Xogamos, xogamos, merendamos e xogamos. Nin que dicir que non queriamos voltar á casa. Co ben que se estaba alí.

Queredes ver as fotos da nosa viaxe? Pois aquí van.


19 nov 2009

A MAXIA DA ROBÓTICA


O pasado día 12 de Novembro, os cursos de 4º, 5º e 6º e catro profesores, fomos a Santiago co gallo da robótica que o programa IGACIENCIA organizou co lema "A Maxia da Robótica". Despois dunha pequena introducción no programa informático, puxémonos mans á obra,
por grupos fixemos 12 exercicios prácticos de como darlle orde aos robots. nin que dicir cabe que a atención foi máxima e os resultados óptimos. Ás duas e media, fóra de horario polo interese dos nenos, fomos comer á Area Central de Santiago e voltamos para casa.




Tal foi o éxito, que nos notificaron que quedamos segundos no concurso. Quen dixo que habia que irse a Estados Unidos ou a Xapón para buscar entendidos na materia?.
Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades que aplicados estabamos todos:












E tamén vos deixamos un video dun exercicio. Adiviñades que fai o robot?








18 nov 2009

O MAGOSTO

A pesares da choiva que ameazaba a celebración do Magosto no cole, conseguímolo.
O pasado martes 10 de novembro vimos que escampaba un pouco e ala fomos. Saimos sen pensalo dúas veces, preparamos a fogata, asamos e comemos as castañas e logo, como non podía ser doutra maneira, píntamonos.

Ou sexa, pasámolo en grande.

Vede, vede aquí a testemuña das nosas accións:


ACTUALIZACIÓN FOTOS

A día de hoxe actualizamos a presentación de fotos do Samáin/Halloween incluíndo algunhas novas.

12 nov 2009

NOVAS DA BIBLIOTECA

Este venres retorna a mochila viaxeira ás nosas aulas. Na mochila atoparedes libros tanto para pais/nais como para os nenos/as, ademais dun caderno para as súas opinións sobre os libros e sobre a actividade en si.


Esperamos que unha vez máis disfrutedes do pracer de ler en familia.


9 nov 2009

CELEBRAMOS SAMAÍN E HALLOWEEN NO COLEXIO

O 31 de outubro e a festa de Halloween para os ingleses, e a festa de Samaín para os galegos.

Non quixemos deixar pasar esta festividade. E aproveitamos o venres 30 para celebralo.

Nas seguintes fotos vedes o resultado das actividades que fixemos entre todos e todas. Agradecemos a axuda das familias que participaron na elaboración das cabazas que son un complemento importante desta celebración.

20 oct 2009

Exposición de cogumelos e setas variadas





O venres os nenos e nenas de andiveron polas clases pedindo a colaboración de tod@s.
Pedíronnos se para o luns podíamos traer setas cogumelos e demais , xa que o están traballando na aula e querían facer unha pequena exposición no centro.
E a resposta foi moi boa, aquí tendes o resultado:
Moitas grazas a tod@s pola vosa participación !!!

15 oct 2009

XOGOS EDUCATIVOS.

Ola.
Aquí retransmitindo a profe de 1º
Algunhas nais da clase preguntáronme por algún xogo educativo para que os cativos xoguen na casa. E quizais lle poidan interesar a alguén mais.
Aquí vos deixo unha serie de xogos que están moi ben para que os cativos pasen o tempo se se enganchan á internet.
Están dirixidos a infantil e 1º ciclo de Primaria principalmente.
O da páxina web da xunta de Andalucía está moi ben e moi completo,
ten moitas actividades variadas e divertidas.
PÁXINA XUNTA DE ANDALUCÍA


Logo tamén está a VACA CONNIE
Na páxina da XUNTA DE GALICIA tamén tedes unha serie de xogos:
como un aforcado ou unha especie de trivial, chamado o preguntoiro

Aquí tedes tamén unha aplicación JCLIC para traballar PAÍS DAS LETRAS

E tamén está o Bosque das Actividades da Xunta de Castela e León.

E por último, xa que estamos no Outono,
queda tamén esta páxina con actividades
sobre o OUTONO



Os da clase de primeiro temos o noso propio blogue, por se lle queredes botar un ollo tamén, somos os PEQUECHOS DA OLIVEIRA

30 sept 2009

VOLVE A RADIO

Ola, ola, ola.

ÚLTIMA NOVA

O próximo venres 2 de outubro comeza a funcionar a radio da nosa escola na hora do recreo.
A RADIO DO GATO

Esta semana os encargados de facer o programa serán os nenos e nenas de 6º.

Que nos contarán? De que falarán? Será interesante?

¡¡¡Que emoción!!!

Pedimos moita atención. O venres todos e todas atentos á radio.


23 sept 2009

BENVIDOS




Dámosvos a benvida ao curso 2009/2010.

Despois das longas vacacións, nas que nos olvidamos de que existe o cole, os estudos, os deberes,etc. ¡ESTAMOS DE VOLTA!

E toca traballar moito. Queremos que este blog vos guste aínda máis e que todos e todas participedes na súa elaboración.

Hai moitas novidades que imos introducir, pero iso verémolo un pouco máis adiante.


28 abr 2009

entroido 2009














!QUE RIQUIÑOS! Preséntovos a Rubén,Vania, Victoria,Alejandro e Brais da aula de tres anos. O venres 13 de febreiro celebramos o concurso da Raiña e do Rei de entroido a sua función e dar consignas de que nos pomos o longo da semana e velaqui os resultados.


O venres 20 fumos de desfile por Ponteareas, cantas froitas e que colorido ollade...

SAMAGOSTO 23/24

Preparándonos para o Samagosto!!