15 oct 2009

XOGOS EDUCATIVOS.

Ola.
Aquí retransmitindo a profe de 1º
Algunhas nais da clase preguntáronme por algún xogo educativo para que os cativos xoguen na casa. E quizais lle poidan interesar a alguén mais.
Aquí vos deixo unha serie de xogos que están moi ben para que os cativos pasen o tempo se se enganchan á internet.
Están dirixidos a infantil e 1º ciclo de Primaria principalmente.
O da páxina web da xunta de Andalucía está moi ben e moi completo,
ten moitas actividades variadas e divertidas.
PÁXINA XUNTA DE ANDALUCÍA


Logo tamén está a VACA CONNIE
Na páxina da XUNTA DE GALICIA tamén tedes unha serie de xogos:
como un aforcado ou unha especie de trivial, chamado o preguntoiro

Aquí tedes tamén unha aplicación JCLIC para traballar PAÍS DAS LETRAS

E tamén está o Bosque das Actividades da Xunta de Castela e León.

E por último, xa que estamos no Outono,
queda tamén esta páxina con actividades
sobre o OUTONO



Os da clase de primeiro temos o noso propio blogue, por se lle queredes botar un ollo tamén, somos os PEQUECHOS DA OLIVEIRA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

SAMAGOSTO 23/24

Preparándonos para o Samagosto!!