Este é o video e presentación do que estamos preparando para o noso Entroido.
A primeira obra creada por parte do equipo das TICs e coa participación de todo o cole.
Adiviñades de que se trata?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
SAMAGOSTO 23/24
Preparándonos para o Samagosto!!
-
Despedida do curso e do noso Proxecto: A auga é vida Vémonos en setembro. Boas vacacións!!
-
Como sabedes este ano o día das letras galegas está adicado ó poeta LOIS PEREIRO Acó vos queda un pequeno vídeo sobre a súa vida elaborado p...
-
Todos e todas coñecemos as personaxes tradicionais do Nadal como son Papá Noel ou Os Reis Magos, pero, sabedes cal é a personaxe galega d...
Que ben adiviñei que ides das catro estacións a que si? Parabéns polo video, un excelente traballo.
ResponderEliminarAquí no Ceip Barrié de la Maza en Santa Comba anda unha meiga, a meiga Uxia, a facer conxuros para que veña o mundo celta en vivo e en directo ao noso cole. Seica que quere que veñan tod@s: a raiña das fadas Mab, a fada dos soños, trasnos, meigas e bruxos, poboadores dos castros e un exercito de guerreiros celtas para defendelos a tod@s.
O que non sei é se os seus conxuros traeran bo tempo.
Tamén estamos a rescatar a tradición do burro, xogamos a metelo burro.
Este mesmo burro é o que nos vai decindo a prenda que temos que traer durante esta semana e ver quen ven máis ridículo.
Podedes ver todo no blog de Contadora de Soños.
Bicos a moreas e a seguir traballando así de ben.
Ola! Somos as alumnas e alumnos de E.I. do CEIP Marquesa do pazo da Mercé das Neves. Vimos o voso vídeo e as fotos e gustáronnos moito, custounos un pouco adiviñar de que eran os vosos disfraces pero ao final pensamos que das Estacións do ano, e acertamos!!! Moitas grazas por compartilo
ResponderEliminar