15 abr 2015

VAINOS VISITAR ANXO MOURE O 21 DE ABRIL !!!

E para quen non o coñeza, preguntarédesvos quen é ANXO MOURE? Pois ademais de ser un "contador de contos que se fan realidade" e un educador ambiental, é  o autor de varios libros de literatura infantil coma  A xacia luviñas , O carballo con botas,  ou O paraugas "dameaugas"

Quizais o máis coñecido e recoñecido de Anxo Moure, ademais do seu espírito ecoloxista sexa a iniciativa de Contos Solidarios.
( "linkade" e visitade a páxina, ben merece a pena)


Acó vos queda tamén iste texto de Anxo  de Xevale Ecoloxía, que aparece no libro "Naturalmente Galicia" na páxina 52. 
..Cando a auga bate contra as pedras nos cachóns ou fervenzas non escoito só o son do río, sinto o berro de quen pide axuda mancada a súa libertade con encoros, verquidos e lixo.
...Cando o vento move as copas das árbores fálame da dor das carballeiras, fragas, soutos, das aciñeiras, teixos, acivros, que tremen o monstro dos incendios, das talas, pragas e desfeitas.
...Cando o mar bate entre as rochas sinto o medo das negras mareas, dos bidóns caídos nun cemiterio escuro do paraiso roubado. Tamén sinto o laio de curuxas, lobos, teixugos e dos máis pequenos bichiños e bolboretas, das fontes estragadas, das montañas fendidas.
...mais, o pouco tempo, mentras sigo sentindo a fala da terra, collo os meus apeiros (os soños, a imaxinación, a esperanza...) e simplemente loito, ó carón doutros moitos galegos eu tamén loito, aínda que só sexa abrazando as árbores.

Deixámosvos tamén dous vídeos de Anxo Moure:  o primeiro unha entrevista que lle fixeron  o ano pasado, co gallo do día do Medio Ambiente,e  o segundo un pequeno anaco dunha das súas actuacións,  desfrutádeos!!!.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

SAMAGOSTO 23/24

Preparándonos para o Samagosto!!