26 dic 2018

NADAL EN OLIVEIRA

Como cada ano celebramos a chegada do Nadal no colexio. Decoramos a árbore e a entrada con xoguetes. Recibimos a visita duns invitados moi especiais. Fóronnos recoller ás clases, entregámoslles as cartas e  regaláronnos lambonadas. Ese día tamén nos sorprendeu a ANPA cunha merendola con chocolate quente e cousas moi ricas.
Unha vez máis fixemos o festival nos Muiños de Oliveira onde algunhas nais moi voluntariosas decoraron o lugar con moito gusto e cariño.
Aquí vos queda un pequeno vídeo que o resume.


23 dic 2018

FESTIVAL DE NADAL

6º ED. INFANTIL

1º ED. PRIMARIA

  

2º ED. PRIMARIA

 

3º ED. PRIMARIA


4º ED. PRIMARIA



5º ED. PRIMARIA



6º ED. PRIMARIA

19 dic 2018

RECOLLIDA DE XOGUETES SOLIDARIOS

Esta semana viñeron ao colexio as amigas de PONTE SOLIDARIO a recoller todos os xoguetes que mandastes para que os repartan entre as familias máis necesitadas.

Moitas gracias a todos e todas pola vosa colaboración!



30 nov 2018

VISITA AO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO RÍO TEA

Onte o alumnado de 4º, 5ºe 6º fixeron unha visita  ao CITEA (centro de interpretación do río Tea).


Unha vez alí, faláronlle do río e da súa flora e fauna, viron algúns vídeos e fixeron xogos para entender como  o lume e a contaminación danan os ríos.


Ao finalizar merendaron e deron un paseo pola senda do río.
Mirade que ben o pasaron!!!



















29 nov 2018

ACTIVIDADES PONTEAREAS

Hoxe o alumnado de educación infantil e de 1º, 2º e 3º de primaria fomos a Ponteareas a visitar a exposición dos Bolechas titulada " GATIÑOS, GHATIÑOS, GATÍOS- xeitos de falarmos o galego" promovida pola Deputación. Aprendemos un montón de cousas.








Aproveitando esta saída, fomos tamén á Casa do Concello, onde nos ensinaron o salón de plenos e algunhas oficinas. Gustounos moito ver o lugar onde estiveron as nosas compañeiras ZAIRA e UXÍA participando no PLENO INFANTIL deste martes.



16 nov 2018

CAMPIONATO ZONAL CAMPO A TRAVÉS

Dentro do Plan Proxecta Xogade participamos, un ano máis, nunha xornada de Campo a Través en Guláns organizada por ADECONPAR.


Deixámosvos unha pequena mostra do día tan especial que viviu hoxe o alumnado de 5º e 6º de Primaria en Guláns. Noraboa a tod@s pola vosa participación!!!

 

4 nov 2018

SAMAÍN-HALLOWEEN

Esta semana celebramos no cole o Samaín e Halloween. 



Deixámosvos un vídeo que recolle todas as actividades realizadas: exposición de cabazas, exposición de libros relacionados co medo e decoración da biblioteca, disfraces, obradoiros nas aulas de infantil e como punto final, entrega dos diplomas ás cabazas gañadoras.





15 oct 2018

Saida ao Castro de Troña e o castelo de Vilasobroso

O pasado venres o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria foi de excursión ao Castro de Troña, alí fixeron diversas dinámicas relacionadas cos poboados castrexos que foron asentamentos que se deron no noroeste da Peninsula Iberica. Ademais tamén visitaron o castelo de Vilasobroso, onde alí puideron aprender algo máis sobre o señorio de Sobroso, representando e dramatizando a coronación de dona Urraca e o seu fillo Alfonso VII.

Finalizaron a visita cunha pequena ruta botánica ao redor do castelo, onde aprenderon a distinguir especies autóctonas e alóctonas.

Clicade no enlace para poder visionar unha pequena escolma da visita nun video:

https://www.youtube.com/watch?v=xGQ7-Al9hUE&feature=youtu.be




20 jun 2018

Novo número do noso periódico escolar "Coto do gato"

Boa tarde. Como tódolos anos por estas datas, vimos de editar un novo número do noso periódico escolar.
Podedes descargalo en formato PDF no seguinte enlace:



Esperamos que vos guste. 

Boas vacacións!

19 jun 2018

Excursión de fin de curso

Santiago de Oliveira en Santiago de Compostela.
O pasado venres 15 de xuño, todo o centro tivo a oportunidade de desfrutar dun fermoso día de convivencia para dar por rematado este curso 201-2018. 
Ben cedo subimos aos autobuses cargados coas mochilas cheas de manxares e ilusión. A viaxe fíxosenos curta entre xogos, cancións e risas.
Ao chegar a Santiago, dous museos estábannos esperando cargados de coñecementos e arte, moita arte! Visitamos o Museo do pobo galego e o Centro Galego de Arte Contemporáneo. E é que non podía ser doutra maneira, despois de estar traballando todo o curso no proxecto "Un mundo de cores"!
Enchoupados de cadros, esculturas e historia e despois de converternos en artistas nos talleres do museo, desfrutamos todos  dunha comida exquisita. E é que non importa comer de bocata se a compañía é a mellor de todas.
Algúns repousaron a comida, outros... a outros só lles daba voltas o estómago entre tantos brincos e pinchacarneiros... pero que ben o pasamos!
E de aí... ao tren turístico! Unha hora de percorrido dende a Praza do Obradoiro ata os recunchos máis pequenos da cidade.
Sen dúbida gardaremos un bo recordo deste día. Aquí vos deixamos unha pequena recompilación dos mellores momentos da excursión.




14 jun 2018

XORNADA DE DEPORTE ESCOLAR

Dentro das actividades desenvolvidas  no Proxecto Deportivo de Centro ( PDC) , e organizado por ADECONPAR ,hoxe o alumnado de 3º e 4º de primaria , desfrutou moi intensamente dunha xornada de DEPORTE ESCOLAR, no parque da Avisoureira ( Guláns) 

Compartimos xogos populares con nenos e nenas doutros centros da contorna en equipos misturados.
Foi unha xornada moi divertida, na que o pasaron xenial .

Acó vos queda unha pequena montaxe fotográfica da actividade: 


24 abr 2018

16 abr 2018

SEMANA DAS CIENCIAS 6º E-PRIMARIA


ESTAS DERRADEIRA SEMANA OS NENOS E NENAS DE 6º E.PRIMARIA DISFRUTARON  DA OPORTUNIDADE DE PARTICIPAR NA III SEMANA DAS CIENCIAS EN PONTEAREAS, ORGANIZADA POLO CONCELLO .

FORON MOITAS AS ACTIVIDADES TANTO NA AULA , CONFECCIONANDO UN FORNO SOLAR, COMO  NAS VISITAS PROPOSTAS POLO CONCELLO: MUSEO E FEIRA DAS CIENCIAS.
APRENDERON MOITO E DIVIRTÍRONSE MOITO MÁIS.

ACÓ TENDES UNHA MOSTRA DESTES DÍAS.


   

21 mar 2018

20 mar 2018

Deporte escolar marzo 2018




Os alum@s de 5º e de 6º de primaria do noso cole, xunto cos nen@s do CEIP de Leirado,  participaron este venres pasado nunha fantástica xornada de deporte escolar, nela puideron aprender  algo máis sobre o badminton e as súas  regras.

14 feb 2018

ENTROIDO 2018




Xa rematou o Entroido 2018.
Tivemos días de moita creatividade nas aulas, días para investigar sobre temas do Entroido e sobre os pintores do noso proxecto.
Pasámolo  moi ben confeccionando  os disfraces, bailando e rindo moito.
Deixámosvos unha mostra do desfile do venres pasado.






5 feb 2018

Elección do REI e da Raíña do Entroido!!!

Hoxe despois da "hora de ler" xuntámonos no ximnasio para a elección do Rei e da Raíña do noso Entroido.

Serán os encargados de darnos os seus " mandadiños" durante esta semana.
Que son acumulativos dende mañá ata o xoves.

Cada un dos nenos e nenas do colexio desfilou , dixo de que ía disfrazado/a e botou o seu papel na furna para a elección.

Unha man inocente guiada polo azar decidiu que se proclamasen Rei e Raíña do noso entroido a: 
IRIA de sexto curso e MATHÍAS de quinto curso. 
Moitos parabéns para os reis!! 

Acó vos queda unha pequena escolma fotográfica do evento!!!

4 feb 2018

30 de xaneiro: "Día Internacional da Paz e a Non violencia"

Coma cada 30 de xaneiro dende hai xa cincuenta e catro anos, persoas de todo o mundo unímonos para conmemorar o "Día Internacional da Paz e a Non Violencia". 

Dende o noso colexio, queremos compartir os momentos da celebración e a mensaxe que nos deixaron os nenos e nenas de Oliveira: "Facede deste día todos os días da vosa vida".

24 ene 2018

DÍA DA PAZ

Nas clases xa estamos ensaiando a canción elexida para cantar o próximo día 30 con motivo da commemoración do DÍA ESCOLAR DA  NON VIOLENCIA E DA PAZ.

Titúlase "YO ESTOY MUY ORGULLOSO" e aquí vos deixamos o vídeo para que a vaiades ensaiando.


21 ene 2018

Visita do CEIP Feliciano Barrera de Guláns

O pasado venres 19 de xaneiro visitounos o CEIP Feliciano Barrera para realizar unha xornada de deporte escolar na que participou quinto e sexto curso de Educación Primaria.
Xogamos ao baloncesto e fútbol-sala.
O alumnado de terceiro curso encargouse de preparar a merenda para repoñer forzas despois do deporte.
O alumnado de outros cursos animou o noso colexio nas gradas.

Esta xornada enmárcase dentro do Proxecto Deportivo de Centro (Plan Proxecta da Consellería), e a colaboración ,como sempre, do Servizo de Deportes.

Deixámosvos un vídeo coas fotos!


18 ene 2018

OBRADOIRO SOBRE EDUCACIÓN EN VALORES CON CANS DE TERAPIA


O alumnado de 1º,2º,3º,4º,5º e 6º participou este martes nun obradoiro con cans de terapia.
Divididos en dúas quendas e en pequenos grupos foron traballando distintas habilidades cos cans.





Quedaron abraiados ao ver o que eran capaces de facer!!!!.
Deixámosvos un pequeño vídeo para que o vexades.
O obradoiro  foi organizado polo Concello e a organización YARACÁN


A actividade foi recollida nalgúns medios de comunicación : Xornal 21  , Galicia Confidencial 
 e na propia páxina do Concello de Ponteareas.

9 ene 2018

NADAL 2017


   Este ano polo Nadal decoramos a entrada do colexio, a biblioteca e as nosas aulas. Recibimos a visita do Paxe Real que viña acompañado dunha persoa moi especial: Papá Noel!
   O último día celebramos un festival cunhas actuacións con moi navideñas e con moito colorido facendo honra o noso proxecto "Un mundo de cores".

 Aquí vos queda un pequeno resumo con forma de vídeo. Esperamos que vos guste!


SAMAGOSTO 23/24

Preparándonos para o Samagosto!!