Hoxe o alumnado de educación infantil e de 1º, 2º e 3º de primaria fomos a Ponteareas a visitar a exposición dos Bolechas titulada " GATIÑOS, GHATIÑOS, GATÍOS- xeitos de falarmos o galego" promovida pola Deputación. Aprendemos un montón de cousas.
Aproveitando esta saída, fomos tamén á Casa do Concello, onde nos ensinaron o salón de plenos e algunhas oficinas. Gustounos moito ver o lugar onde estiveron as nosas compañeiras ZAIRA e UXÍA participando no PLENO INFANTIL deste martes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario