5 mar 2019

🎭ENTROIDO🎭

O venres 22 celebramos a elección do REI e RAÍÑA do entroido 2019. 

O alumnado veu disfrazado do que quixo e fíxose a elección mediante sorteo. O afortunado rei foi RAÚL de 6º de educación infantil e a raíña ELIA de 3º de primaria. 

Eles foron os encargados de dar as ordes da semana do entroido.

As ordes deste ano consistían en caracterizarnos coma un personaxe do xogo "QUEN É QUEN" xa que o xogo é o proxecto deste curso.

No seguinte vídeo tedes un resumo de todo





A festa concluiu o venres día 1, onde cada clase se disfrazou dun xogo ou xoguete.

 Ao finalizar o desfile todos/as gozamos dun delicioso chocolate acompañado con rosquillas.

Este é o vídeo resumo da festa final





No hay comentarios:

Publicar un comentario