20 dic 2020

NADAL EN FAMILIA.

 MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN. NORABOA!!

 OLLADE COMO LOCEN NO COLE.




DESEXAMOS ......................

 CHEGAMOS AO FINAL DO TRIMESTRE AGRADECIDOS E AGRADECIDAS  POLOS  ENCONTROS TAN DESEXADOS, POLAS RISAS NOS CORREDORES E NO PATIO,  POLAS  GANAS DE APRENDER E ENSINAR.

 REMATAMOS COA  ESPERANZA DE QUE O ANINOVO  NOS DEVOLVA A CONFIANZA  E SE LEVE O MEDO,  PARA  SEGUIR CAMIÑANDO XUNTOS E XUNTAS  EN PRO DUN ENSINO MELLOR CADA DÍA.

O  ALUMNADO  E  PROFESORADO DO CEIP SANTIADO DE OLIVEIRA DESÉXAVOS MOITA FELICIDADE.

AQUÍ TEDES A NOSA  FELICITACIÓN  CARGADA DE DESEXOS.

ESPERAMOS  QUE VOS GUSTE.

  


                                                                              



27 nov 2020

25 DE NOVEMBRO. DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Para conmemorar este día fixemos uns debuxos nos que interpretamos a canción " La  puerta violeta" de Rozalén.

Na seguinte ligazón podedes atopar o a montaxe da canción e moitos máis recursos para traballar este tema.

https://view.genial.ly/5fbe9aeb64645c12d135e2c7/presentation-25n

Esperamos que vos guste!

23 nov 2020

MAGOSTO 2020

 DURANTE ESTE MES DE NOVEMBRO ESTIVEMOS TRABALLANDO TODO O RELACIONADO CO OUTONO.

magosto - Arasaac 

Autor pictogramas:Sergio Palao

Orixe:ARASAAC 

(http://www.arasaac.org)

licencia: CC ( BY-NC-SA9

COMO NON PUIDEMOS FACER O TRADICIONAL MAGOSTO E CELEBRALO POLO SAN MARTIÑO, PUXÉMONOS A TRABALLAR E ENTRE TODOS E TODAS FIXEMOS UN TRABALLO CONXUNTO QUE QUEDOU ASÍ DE BONITO.

EDUCACIÓN INFANTIL E 1ºDE EDUCACIÓN PRIMARIA REALIZOU UNS ARCIMBOLDOS ESPECTACULARES

* Os ARCIMBOLDOS SON OBRAS DE ARTE BASEADOS EN GIUSEPPE
ARCIMBOLDO
https://gl.wikipedia.org/wiki/Giuseppe_Arcimboldo

 
OLLADE QUE MARABILLA DE OBRAS FIXERON :

 

 

NON PODÍAN FALTAR AS  POESÍAS E RETAHILAS SOBRE O MAGOSTO.

TODO O ALUMNADO DENDE E.I INFANTIL ATA 6º DE E. PRIMARIA PÚXOSE A TRABALLAR PARA QUE DESTE XEITO GOCEDES DESTES RECITADOS DIGNOS DE GRANDES POETAS.

 

 

E COMO NON PUIDEMOS COMER CASTAÑAS  NO PATIO OS NENOS E NENAS DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA ELABORARON UNHAS APETITOSAS RECEITAS PARA QUE EN CASA POIDADES FACER RICAS SOBREMESAS DE CASTAÑAS. BO PROVEITO

 

https://view.genial.ly/5fb843a89e845a12b6ecdd30/presentation-recetario-caastanas 

 


1 nov 2020

SAMAÍN

E....CELEBRAMOS DUN XEITO DIFERENTE O SAMAÍN NO COLE. 

FOI MOI DIVERTIDO.


NON QUERIAMOS DEIXAR DE FACER A EXPOSICIÓN DE CABACIÑAS COMA SEMPRE.

ASÍ QUE  DUN XEITO DIFERENTE  E GRAZAS Á VOSA CREATIVIDADE E ÁS FOTOS DAS CABACIÑAS FIXEMOS UNA EXPOSICIÓN VIRTUAL E PROXECTAMOS PARA TODAS AS CLASES O VOSO TRABALLO. NORABOA

 TERRORÍFICAS!!!!



E POLO SAMAÍN... OLLADE VOS MESMOS O QUE ACONTECEU O VENRES NO COLE....QUE MEDO!!!




21 sept 2020

COMEZAMOS.....



 ESTE CURSO  TAN ESPECIAL INAGURAMOS O BLOG CON MOITA ILUSIÓN.
FORON MOITOS MESES SEN VERNOS, E AÍNDA QUE SIGAMOS NA MESMA SITUACIÓN DEBIDO A UN VIRUS QUE NON NOS DEIXA ABRAZARNOS, BICARNOS, COLLERNOS DA MAN E QUE TENTA ROMPER CON MOITAS COUSAS ADQUIRIDAS  A TRAVÉS DOS ANOS NO COLE, SEGUIMOS MÁS FORTES QUE NUNCA; PORQUE AÍNDA QUE TEÑAMOS  MÁSCARAS QUE CÓBRENOS A CARA, O QUE HAI DEBAIXO É O DE SEMPRE:  
 ILUSIÓN,  LEDICIA,  CREATIVIDADE,  AMIZADE, COMPAÑEIRISMO E TANTAS COUSAS QUE SEGUIREMOS TRANSMITINDO ENTRE TODOS E TODAS.
TODO VAI SAÍR BEN!!!


BENVIDOS O CURSO 2020/2021

19 jun 2020

20 may 2020

#QUEDANACASA#COIDAATUASAUDE


Unha das propostas de Educación Física durante o confinamento foi gravar un vídeo facendo algo de exercicio. O alumnado de Oliveira e as súas familias que son uns artistas conseguiron cousas moi chulas. Estou moi orgullosa!
Aquí vos deixo os vídeos, espero que os desfrutedes
#QUEDANACASA#COIDAATUASAUDE#BAILA#PATINA#PELOTEA#PEDALEA#ADESTRA#FAIEXERCICIO






















12 may 2020

Experimentando co aire e a auga

Esta semana a clase de primero estivo experimentando co aire e a auga. Esta foi a proposta:






E estes algúns dos resultados






2 abr 2020

💙DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO 💙

HOXE DIA 2 DE ABRIL COMMEMÓRASE O DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO. ESTE ANO DEBIDO A ESTA SITUACIÓNDESDE O COLE QUEREMOS ANIMARVOS A QUE FAGADES VISIBLE ESTE DÍA DESDE AS VOSAS CASAS.













1 abr 2020

CURTAMETRAXES EN FAMILIA

 Que marabilla cando se aproveita esta corentena para facer cousas tan creativas e traballadas como estas curtametraxes que fixeron Iacob, Adán e familia e que comparten con tod@s vos para que podades gozalas! Noraboa e a seguir creando!
O INFERNO

MÁXIA

31 mar 2020

DÍAS DE CONFINAMENTO ALUMNADO DE 4º

OS  NENOS E NENAS DE 4ª ADEMAIS DE FACER AS TAREFAS DIARIAS DO COLE PASAN MOMENTOS DIVERTIDOS XOGANDO, SACANDO FOTOS E COCIÑANDO EN FAMILIA. DEIXÁMOSVOS UN PEQUENO VIDEO.
ÁNIMO ESTÁDELO FACENDO MOI BEN!!!




CONTINUARÁ.........

Enlaces de interese para 5º EP

Ola Chicxs de 5º:
  Que ganas de veros e darvos unha aperta! Mentres dure este encerro  queria enviar enlaces a sitios, onde podedes seguir aprendendo de xeito mais lúdico. Entrade e botade unha ollada!

                           


Xeroglifos para entreter, pincha no enlace
http://aulasgalegas.org/gramatica-xeroglifica/ 

 Repaso contidosRepaso de Contidos

 Máquina do tempo Xogo de historia
 CartasCartas aos afectados



29 mar 2020

Lectura Fácil #quedamosnacasa

A Lectura Fácil é unha metodoloxía que permite adaptar documentos (artigos, novas, libros, unha web...) para que sexan máis sinxelos de entender.  Esta lectura non soamente afecta ao texto, senón as súas ilustracións, deseño e maquetación. 


Cando un documento está en lectura fácil aparece este logo azul, que é un neno lendo un libro cunha man por fóra. Esta lectura nos beneficia a TODO/AS.



A páxina web planetafácil quere compartir con vós libros de lectura fácil para ler estes días de confinamento. Algúns tédelos aquí.

Que libro queres ler? Pulsa no que che guste para descargalo.


















22 mar 2020

CLASES NA TVE

A partir de mañá, luns 23 de marzo, o Ministerio de Educación pon en marcha unha iniciativa dirixida ao alumnado entre 6 e 16 anos para facilitar a aprendizaxe durante estes días que hai que quedar na CASA. Se non tes conexión a internet ou a rede vai lenta é unha boa oportunidade que debes aproveitar.



O horario en Clan TV e na 2 de TVE é o seguinte:


Para máis información preme no seguinte enlace: 

16 mar 2020

RECURSOS #quedamosnacasa

Queremos compartir convosco algúns recursos que poden ser de axuda neste tempo que debemos quedar NA CASA como medida de precaución e responsabilidade.


Moito ÁNIMO a todos/as!!


Enlaces a páxinas con recursos e xogos educativos para Infantil e Primaria:

- https://www.anayainteractiva.es/index.html (Materiais dixitais Anaya)

http://www.angles365.com/recursos/rec00.htm (Recursos Inglés)

https://apoyo-primaria.blogspot.com/2013/05/desafios-matematicos-de-1-6.html (Desafíos matemáticos)

https://aprendomusica.com/ (Linguaxe musical)

https://www.areaciencias.com/biologia/el-cuerpo-humano-para-ninos.html (C. Naturais)

https://arbolabc.com/ (Xogos de vogais, abecedario, multiplicar...)

http://www.ceiploreto.es/ ( Páxina CEIP Loreto)

http://www.clicatic.org/home (TIC)

https://www.cokitos.com/ (Xogos interactivos)

http://www.cuentoscortos.com/ (Contos clásicos, de valores, orixinais...)

http://educacionfisicajmpg.blogspot.com/ ( E. Física)

http://www.educa.jcyl.es/zonaalumnos/es/tipologia-recursos/juegos  (Portal C e León)

http://www.usaelcoco.com/ (Cálculo mental)

https://saposyprincesas.elmundo.es/ocio-en-casa/juegos-para-ninos/juegos-de-arte-faciles-ninos/ (Xoga coa arte)

https://www.storyplace.org/es (Biblioteca dixital)

http://roble.pntic.mec.es/arum0010/ (Xogos interactivos en liña)

http://www.jigzone.com/gallery/Fine_Art (Puzzles de cadros)

https://www.jigsawplanet.com/ (Crebacabezas)

http://www.educalim.com/biblioteca/ 

http://www.enciclonet.com/(Enciclopedia)

https://www.juegosarcoiris.com/(Xogos variados)

https://www.elhuevodechocolate.com/ (Adiviñas, cancións, poesías, refráns...)

Atención á Diversidade:

https://nubecitasdesabidura.blogspot.com/2020/03/recopilacion-de-materiales-para.html?m=1 (Material PT e AL)

https://www.aulapt.org/ (Blog recursos PT)

https://sid-inico.usal.es/noticias/proyecto-emociones-una-aplicacion-que-ayuda-al-desarrollo-de-la-empatia-en-los-ninos-con-autismo/ (Emocións)

http://proyectoguappis.blogspot.com/search/label/educaci%C3%B3n%20especial (Aplicacións para dispositivos móbiles)

http://logopediacreativa.blogspot.com/(Material AL)

http://guiatictea.org/ (Recursos tecnolóxicos TEA)

http://informaticaparaeducacionespecial.blogspot.com/ (Informática)

http://www.proyectoazahar.org/azahar/ChangeLocale.do? language=es&country=ES&page=/loggined.do (Aplicacións gratuitas de comunicación, act. ocio, planificación tarefas... para TEA)

Canais EDUCATIVOS de TV

https://www.rtve.es/rtve/20200313/clan-lanza-educlan-durante-cierre-centros/2010023.shtml

http://www.crtvg.es/infantil

IR a un MUSEO sin SAÍR da casa

https://artsandculture.google.com/partner?hl=es

APPS españolas que ofrecen gratis os seus contidos para axudar aos nenos/as a aprender desde casa

http://www.academons.com/
https://www.amconews.es/eduzland/
https://doitgenially.com/recursos-e-iniciativas-para-facilitar-el-trabajo-y-aprendizaje-a-distancia/
https://lp.smartick.es/matematicas-online/?
https://apprender.force.com/s/app/a041t00000GfSDdAAN/mars

15 mar 2020

XORNADA DE DEPORTE ESCOLAR



      O pasado martes 10 de marzo tievemos unha xornada de deporte escolar dentro das actividades do Proxecto Deportivo do noso centro. Visitounos o CPI de Mondariz. Pasamos unha mañá moi divertida facendo deporte e moitas amizades.






24 feb 2020

🎭FESTA ENTROIDO🎭

O venres finalizou o Entroido no colexio cunha gran festa na que non faltou nada.
Comezamos co desfile onde cada aula mostrou os seus disfraces acompañando con música e baile. A continuación degustamos os postres que as familias trouxeron e finalmente xogamos e bailamos.
O alumnado de 6º fixo o sorteo de dúas cestas para colaborar coa excursión de fin de curso.
Pasámolo xenial!!!

 Deixámosvos un resumo da xornada e a disfrutar do ENTROIDO!!🎭


16 feb 2020

XORNADA DE DEPORTE ESCOLAR NO CPI A CAÑIZA

O xoves día 13 de febreiro tivemos unha xornada de baloncesto e fútbol-sala. O alumnado de quinto e sexto de primaria participou nun encontro dentro do calendario de ADECONPAR no cole da Cañiza. Deixámosvos unha pequena mostra




14 feb 2020

MANDADOS DA MECA 2020!!

O luns 17 de febreiro comezamos a troula!! Seguide con atención as instrucións da Meca!!














COMEZA O NOSO ENTROIDO!!


Hoxe comezou o Entroido no cole. Este ano (seguindo co proxecto) está adicado ás Mulleres Galegas.  Decidimos inicialo no patio co día do disfraz libre, onde cada un trouxo as súas mellores galas.




















A continuación celebrouse un CONCURSO DE CARTEIS, no que o alumnado demostrou as súas habilidades creativas e imaxinativas. Cada alumn@ votou aquel que máis lle gustou e obtivemos un gañador.











A continuación deixamos o cartel gañador e unha mostra dos demais traballos. 

ALUMNOS/AS DE 3º de Primaria


Parabéns a tod@s, sodes uns artistas!!













SAMAGOSTO 23/24

Preparándonos para o Samagosto!!