DURANTE ESTE MES DE NOVEMBRO ESTIVEMOS TRABALLANDO TODO O RELACIONADO CO OUTONO.
Autor pictogramas:Sergio Palao
Orixe:ARASAAC
(http://www.arasaac.org)
licencia: CC ( BY-NC-SA9
COMO NON PUIDEMOS FACER O TRADICIONAL MAGOSTO E CELEBRALO POLO SAN
MARTIÑO, PUXÉMONOS A TRABALLAR E ENTRE TODOS E TODAS FIXEMOS UN TRABALLO
CONXUNTO QUE QUEDOU ASÍ DE BONITO.
EDUCACIÓN INFANTIL E 1ºDE EDUCACIÓN PRIMARIA REALIZOU UNS ARCIMBOLDOS ESPECTACULARES
* Os ARCIMBOLDOS SON OBRAS DE ARTE BASEADOS EN GIUSEPPE
ARCIMBOLDO
https://gl.wikipedia.org/wiki/Giuseppe_Arcimboldo
OLLADE QUE MARABILLA DE OBRAS FIXERON :
NON PODÍAN FALTAR AS POESÍAS E RETAHILAS SOBRE O MAGOSTO.
TODO O ALUMNADO DENDE E.I INFANTIL ATA 6º DE E. PRIMARIA PÚXOSE A TRABALLAR PARA QUE DESTE XEITO GOCEDES DESTES RECITADOS DIGNOS DE GRANDES POETAS.
E COMO NON PUIDEMOS COMER CASTAÑAS NO PATIO OS NENOS E NENAS DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA ELABORARON UNHAS APETITOSAS RECEITAS PARA QUE EN CASA POIDADES FACER RICAS SOBREMESAS DE CASTAÑAS. BO PROVEITO
https://view.genial.ly/5fb843a89e845a12b6ecdd30/presentation-recetario-caastanas
No hay comentarios:
Publicar un comentario