30 abr 2021

Fai clic ao teu bocata

Este curso o alumnado de 4º está participando no PROXECTA "Fai clic ao teu bocata".

Onte como actividade do proxecto, tiveron un obradoiro no que lles proporcionou información sobre os diferentes alimentos que nos aporta o mar e a súa conservación para o noso consumo.

Para finalizar elaboráronlles uns bocatas con alimentos en conservas acompañados doutros produtos saudables (leituga, tomáte, cebola...) coa finalidade de fomentar o consumo de merendas saudables na escola con este tipo de produtos.

Ao acabar a actividade recibiron uns agasallos (portamerendas térmico e menús saudables con produtos do mar en conserva).








No hay comentarios:

Publicar un comentario