Despois de moito traballo sobre o proxecto XOGAMOS durante todo o curso, por fin chegou o día de mostralo ao resto de compañeir@s polo que decidimos celebrar a EXPO DO XOGO.
A través desta actividade cada clase explicáballe ao resto o aprendido e traballado sobre o xogo ou xoguete elexido.
Aínda que o tempo non nos acompañou todo o que tiñamos pensado ao final pasaron unha mañá moi entretenida e aprenderon moitas cousas novas.
Dentro do Proxecto Deportivo de Centro o pasado venres 15 de marzo participamos quinto e sexto de primaria nunha xornada de bádminton xunto co colexio de Leirado.
Fixemos varios xogos e ó final elixíronse entre os que máis partidos gañaron os clasificados feminino e masculino para o campionato zonal individual. Éste terá lugar o sábado 6 de abril no pavillón Álvaro Pino de Ponteareas.
O pasado martes día 26 de febreiro, o alumnado de sexto pasou unha estupenda xornada xogando ao hochey e ao balonmano no Ceip de Leirado. Despois de xogar, os nosos compañeir@s de Leirado invitáronnos a unha merendola. Tamén nós deu tempo de convivir un anaco a tod@s xunt@s no seu recreo. Podedes ver unha pequena escolma dos momentos máis destacados no seguinte vídeo.
O venres 22 celebramos a elección do REI e RAÍÑA do entroido 2019.
O alumnado veu disfrazado do que quixo e fíxose a elección mediante sorteo. O afortunado rei foi RAÚL de 6º de educación infantil e a raíña ELIA de 3º de primaria.
Eles foron os encargados de dar as ordes da semana do entroido.
As ordes deste ano consistían en caracterizarnos coma un personaxe do xogo "QUEN É QUEN" xa que o xogo é o proxecto deste curso.
No seguinte vídeo tedes un resumo de todo
A festa concluiu o venres día 1, onde cada clase se disfrazou dun xogo ou xoguete.
Ao finalizar o desfile todos/as gozamos dun delicioso chocolate acompañado con rosquillas.
Fai algúns días, estes alumnos/as de 6º de E. Primaria pasaron polas aulas e explicaron brevemente en que consiste o programa.
Todos os días, durante o tempo do patio, 2 alumnos/as actúan de mediadores solucionando os conflitos que surxen. Levan un peto verde por riba da roupa para ser fácilmente localizados.
Fixeron unha libreta mediadora, onde quedan rexistrados todos os conflitos atendidos.
E para rematar aquí queda un vídeo que explica de forma breve o proceso de Mediación.